Seguimos aínda con temperaturas baixas para esta época do ano e de novo esta mañá a metade norte de Galicia volveu amencer con algúns orballos que pola tarde se poderán estender a calquera punto da comunidade. Continuamos nunha situación intermedia entre o anticiclón do Atlántico e as borrascas localizadas sobre Europa Central, o que fai que nos chegue vento frío do norte. 29-08-23