Unha borrasca situada ao norte das illas británicas envía a primeira das frontes que traen chuvias polo menos ata o domingo. Volven os chuvascos que por momentos veñen acompañados de saraiba e que perderán intensidade co paso das horas. Vai máis frío e a cota de neve volve baixar ata os 800 metros.