Unha borrasca situada ao oeste está a deixarnos chuvascos intermitentes. As temperaturas seguen en valores suaves. Volveron subir as temperaturas nocturnas e as máximas quedan sen apenas cambios. Oscilan entre os 12 graos previstos en Lugo aos 16 de Pontevedra. O vento sopra do sur e faise notar en todo o litoral atlántico. 28-11-23