A semana arranca cun aumento da influencia anticiclónica, coas altas presións entrando en forma de cuña polo nororeste. Ceos con nubes e claros en xeral e temperaturas en lixeiro ascenso. Máximas que van dende os 19 graos na Coruña e Lugo ata os 23 en Pontevedra e Vigo. 28-10-2024