Galicia continúa hoxe baixo influencia anticiclónica. A primeira hora tivemos néboas persistentes, sobre todo no interior, que foron dando paso a ceos despexados. Tempo seco e non demasiado frío. As mínimas en Lugo e Ourense foron esta mañá de tres graos e as máximas acadarán valores bastante altos: 15 graos na Coruña e Vigo, 16 en Pontevedra e Santiago, 17 en Ferrol. A tónica manterase durante a fin de semana, cando aumentarán as nubes, pero sen apenas chuvias, se cadra algunha precipitación feble no litoral oeste. Si baixarán un chisco as temperaturas