Un sistema frontal provoca ceos nubrados e choivas con intensidade moderada, e puntualmente, de forma treboenta. A cota de neve baixa ata os 800 metros nas últimas horas do día. E malia que as temperaturas continúan sendo baixas, experimentan un leve ascenso. A situación non vai mellorar e espérase moita inestabilidade nos días centrais da Semana Santa