Volven as nubes, pero, de momento, sen chuvia. Hoxe pode caer algún orballo polo oeste onde tamén os ceos están máis cubertos. No interior, os ceos están máis despexados. As temperaturas con poucos cambios. Subiron as nocturnas e durante o día, as máximas oscilan entre os 11 graos de Ourense e os 16 que acadan os termómetros na Mariña ou Pontevedra. 26-12-23