Volveron as chuvias pero non aínda onde máis se precisan. De momento, choveu moi debilmente na metade oeste sobre todo no litoral da Coruña, consecuencia dos restos da fronte asociada ao exfuracán Erin que mantén en alerta amarela toda costa galega por ondas de ata 4 metros. En terra, as nubes irán avanzando cara o interior mentres se abrirán máis claros na franxa atlántica. As temperaturas máis baixas. As máximas oscilarán entre os 22 graos previstos na Coruña aos 32 que aínda poden ter por Ourense.