Última semana de agosto que comeza con sol e con suba de temperaturas sobre todo das máximas. Oscilarán entre os 25 graos da Coruña aos 34 de Ourense. Mercurio que roldará os 27 en Santiago, Vigo e Lugo. Unha situación que continuará sen moitos cambios ata o mércores cando poderían rexistrarse chuvascos no norte.