Hoxe aumentan as nubes, baixan as temperaturas e mesmo podería orballar nalgúns puntos de Galicia. Entran os restos dunha fronte, anubrando os ceos sobre todo no norte da comunidade, os ventos sopran frouxos, e os termómetros caen bastante respecto destes días pasados. As máximas oscilan entre os 23 graos da Coruña e os 33 que se prevén en Ourense.