Galicia queda hoxe nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Temos tempo seco, sen chuvias, pouco vento do sur e ceos parcialmente cubertos, con nubes altas. A madrugada deixounos temperaturas en descenso, con xeadas no interior e néboas que se foron desfacendo ao longo da mañá. As máximas, sen cambios, xa superaron os 16 graos en Pontevedra ou na Coruña