Luns moi invernal con neve por riba dos 800 metros. Hai avisos por nevaradas nas montañas de Lugo e Ourense. Vai máis frío con ventos que sopran do norte e con refachos fortes en zonas altas e na costa. Os chuvascos que por momentos poden vir acompañados de sarabia irán diminuíndo conforme avance un día no que tamén miramos ao mar porque toda a costa galega está en alerta laranxa por ondas que poden superar os oito metros