Tralo paso da borrasca Bert, quedamos na zona de chuvascos, con aire frío en superficie. Ceos con intervalos nubrados e chuvias intermitentes xeneralizadas que se irán facendo máis ocasionais co paso das horas. A cota de neve sitúase nos 1.400 metros, subindo progresivamente, As temperaturas sofren un notable descenso, con máximas que van dende os 12 graos en Lugo aos 17 en Vigo