Influencia anticiclónica e ventos de compoñente norte. As nubes, que cubriron os ceos a primeiras horas, fóronse disipando e pola tarde predominará o sol, con nubes de evolución na provincia de Ourense. As temperaturas baixan e mantense o contraste entre o norte e o sur, entre os 22 graos da Coruña e os 32 de Vigo. En Ourense chegarán aos 36. O descenso térmico será aínda máis acusado mañá, pola chegada dunha fronte atlántica moi debilitada, que tamén deixará nubes e precipitacións febles no norte.