Unha nova fronte está deixándonos ceos nubrados e algunhas precipitacións febles. Esas choivas volveranse localmente treboentas e estarán acompañadas de sarabia. En canto á cota de neve, descenderá ata os 600 metros nas últimas horas do día. Prevese tamén unha notable baixada das temperaturas, sobre todo dos valores máximos