Despois das intensas chuvias do luns que chegaron a descargar ata case 145 litros por metro cadrado en puntos coma Muralla en Lousame, hoxe podemos ter algún chuvasco pero en xeral a choiva remite antes de dar paso mañá a un día seco e solleiro. As temperaturas baixan algo. As máximas oscilarán entre os 12 graos previstos en Lugo aos 16 de Ourense e Vigo.