Empeza a remitir a vaga de calor. Unha baixada de temperaturas que hoxe empezan a notar sobre todo nas provincias atlánticas pola entrada de aire marítimo que fai que se vaia retirando a masa de aire cálido. Día de ceos despexados con brétemas na costa que volverán de novo cara a noite e posibilidade dalgún chuvasco en zonas altas do interior. Tamén podería caer algunha chuvia feble polo noroeste porque cara última hora se aproxima unha fronte. 24-08-23