Persiste a inestabilidade atmosférica ata mañá cando se agarda que volva o anticiclón. Seguimos con nubes e claros e con chuvascos ocasionalmente treboentos. As temperaturas, aínda máis frescas ca onte. Máximas por baixo dos 17 graos, agás en Pontevedra e Ourense onde poderían rozar os 20. 24-05-22