Ceos despexados despois dunha mañá de orballos na costa atlántica e de brétemas nas Rías Baixas que serán persistentes. Mañá chega unha fronte que deixará chuvias ata o mediodía que irán remitindo pola tarde. O resto da fin de semana será solleira con temperaturas que descenden de xeito notable mañá e que se recuperan algo o domingo con máximas arredor dos 25 graos.