Logo dalgunhas chuvias febles nas primeiras horas, imos quedando baixo influencia anticiclónica, dando paso a ceos con poucas nubes en xeral, máis nubrados no extremo norte, onde haberá posibilidade de chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas tiveron un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenden dende os 17 graos da Coruña aos 24 en Pontevedra. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde, con refachos fortes nas Rías Baixas. 23-05-2024