Todo o litoral norte está en alerta amarela por ondas que poden chegar aos cinco metros. En terra, situación moito máis tranquila porque comezamos unha fin de semana de tempo anticiclónico. Durante a mañá tivemos bancos de néboa que co paso das horas foron dando paso a ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mantéñense en valores semellantes aos destes días. 22-12-2023