A fin de semana será seca e solleira con aumento de temperaturas hoxe e mañá, pero a partir do domingo agardamos a chegada dos restos dunha fronte que deixará algúns orballos durante a mañá e treboadas no interior pola tarde cos chuvascos que tanto se necesitan por alí. Este venres os termómetros volven subir con temperaturas máximas que oscilarán entre os 25 graos da Coruña, os 30 polas rías Baixas e sobre 35 en Ourense. Pero será sobre todo mañá cando notemos máis calor, porque os termómetros acadarán os 30 graos en moitos puntos, tamén polo norte