Unha fronte moi activa está a deixar precipitacións abundantes que pola tarde poden ser en forma de chuvascos localmente treboentos acompañados de saraiba. As temperaturas sofren un notable descenso, coa cota de neve que irá baixando ata arredor dos 600 metros. Atención especial aos ventos fortes do suroeste