Máis sol neste inicio de semana no que tamén comeza unha vaga de calor. Entra unha masa de aire cálido que fará subir as temperaturas aínda máis nos próximos días. Onde máis o sentirán hoxe é no sur de Ourense, en Valdeoras e no Val do Miño con máximas que poden superar os 36 graos. No resto, sobre os 30 graos. 21-08-23