Galicia atópase nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Polo tanto, o tempo estará cambiante. O día amenceu cos ceos nubrados e, incluso, con algún chuvasco no litoral atlántico. A medida que avance a xornada, abriranse claros. As temperaturas máximas comezan a ascender. Alcanzaranse os 22 graos na Coruña, un máis en Vigo e os 24 en Lugo e Pontevedra. So en Ourense se superarán os 25 graos. Soprará o vento frouxo de compoñente oeste, máis intenso no litoral norte.