Continuamos con circulación do noroeste ao que está a achegar unha masa de aire húmida a Galicia. Xornada de ceos nubrados, con máis nubes canto máis ao norte e con chuvascos febles máis probables na metade norte e interior da Comunidade. As temperaturas non terán cambios significativos. As máxima oscilarán entre os 23 graos da Coruña aos 28 de Ourense. O vento soprará do norte-noroeste frouxo, con intervalos moderados pola tarde nas Rías Baixas e en zonas altas.