Intervidos máis de mil quilos de cocaína ocultos no interior de froitas e zumos, nunha Operación conxunta das forzas policiais de España e Portugal. A investigación permitíu detectar no porto de Vigo un contedor procedente do Brasil, con melóns valeirados e recheos con bolsas que contiñan preto de 500 quilos de droga | A Xunta presenta un plan de axudas as empresas auxiliares para a fabricación dos coches eléctricos, por 18 millóns de euros. O Presidente Rueda xustificao como unha forma de consolidar uns 25 mil postos de traballo | O Celta certifica a permanencia sufrindo case ata o final, tras gañarlle 1 a 2 ao Granada. En nove partidos Claudio Giráldez conseguiu colocar ao equipo no posto 14 a falta dun encontro