A semana comeza con notable ascenso das temperaturas polo vento do sur e a previsión da chegada dunha nova fronte á noite. Entrará pola costa atlántica onde as precipitacións poden ser máis intensas. As temperaturas subiron. As máximas tamén serán máis altas. Oscilarán entre os 12 graos previstos en Ourense e os 16 de Vigo