A retirada transitoria das altas presións permite hoxe a chegada dunha fronte á última hora do día. Durante a xornada temos ceos con nubes baixas e néboas matinais no interior. Co avance da tarde, as nubes van en aumento. Pola noite, a fronte traerá choivas polo noroeste que se irán xeneralizando durante a madrugada. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e as máximas en descenso. 19-12-2023