Unha baixa sobre Francia está achegando moita humidade con algúns orballos e chuvias febles que serán máis probables na metade norte, no interior e zonas altas. En todo caso, dinnos dende Meteogalicia que serán catro gotas que apenas aliviarán a situación que están a vivir en Ourense e no sur de Lugo polos incendios. Iso si, aumentará a humidade do terreo que sumado o descenso das temperaturas axudará un pouco. No resto a tendencia é a apertura de claros con temperaturas máximas que oscilarán entre os 23 graos de Ferrol, aos 25 das Rías Baixas e os 30 en Ourense.