Comeza a semana con sol e con máis calor. Notárano sobre todo no interior aínda que as temperaturas tamén han subir lixeiramente na costa. As máximas oscilarán entre os 24 graos da Coruña, aos 30 de Lugo e Pontevedra e ata 36 graos acadarán os termómetros en Ourense. A principal novidade terémola ao final do día coa entrada de nubes baixas polo noroeste de noite. Mañá unha fronte pouco activa deixará chuvias.