Soben as temperaturas neste arranque dunha fin de semana na que se manterá o tempo seco e solleiro. Os ceos están despexados despois dunha mañá con algúns bancos de néboa polo interior. Á tarde, nubes de evolución no sur da comunidade onde as temperaturas oscilarán entre os 26 graos en Vigo aos 29 de Ourense. Na metade norte, máximas máis frescas entre os 21 graos da Coruña aos 24 que agardan en Lugo ou 25 en Santiago. 19-04-2024