Comeza a semana cunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Amencemos con néboas e nubes baixas, máis compactas no litoral norte. Co avance do día están abrindo os ceos e agárdase unha tarde con alternancia de nubes e claros, máis despexados no sur. As temperaturas, en moderado descenso, especialmente as máximas en puntos do interior. En Ourense poden chegar aos 33 graos, na Coruña non se esperan que pasen dos 23. Os ventos, de compoñente norte con intervalos moderados.