Aumenta a inestabilidade atmosférica polo achegamento dunha fronte pouco activa. Ceos con máis nubes na metade norte e oeste e con chuvascos de treboada, máis probables no terzo norte pola tarde. As temperaturas seguen descendendo. As máximas quedarán entre os 20 e os 26 graos, agás en Ourense que chegarán aos trinta. Durante a fin de semana seguiremos con ceos nubrados, chuvias xeneralizadas na noite do sábado ao domingo e temperaturas baixas para esta época.