Mantéñense activas alertas por calor tras baterse onte récord de temperaturas con 41 graos en Leiro e unha noite tropical a 30 de madrugada en varios puntos como Carnota | A entrada de brétemas costeiras fará que refresque no litoral sobre todo nas Rías Baixas pero así e todo, a vaga de calor continúa en toda Galicia con máximas por riba dos 30 graos | Pola tarde medran nubes de tronada en zonas altas do interior con posibilidade dalgún chuvasco illado.