Continúa o tempo inestable, con ceos anubados e chubascos localmente treboentos máis probables canto máis ao leste e no sur e que irán sendo xeneralizados co avance do día. A tendencia seguirá durante toda a fin de semana, co paso dunha nova fronte fría. As temperaturas, á baixa, con máximas entre os 22 graos de Ourense e os 17 de Santiago e Lugo. 18-06-2021