Desactivadas xa todas as alertas por temporal. Tralas intensas chuvias e vento que nos deixou a borrasca Irene, hoxe os chuvascos foron remitindo co avance do día. O máis destacado este xoves é o descenso das temperaturas coas mínimas ao final do día cando tamén se prevé que volva soprar o nordés, con refachos fortes no litoral.