O anticiclón segue sobre Galicia, impedindo a chegada de frontes. Así que hoxe aínda temos ceos despexados, con xeadas e néboas no interior pola mañá, e vento frouxo do sur. Mañá irase debilitando a influencia anticiclónica e xa o domingo volven as nubes e a chuvia. Dará paso a unha semana máis cálida e húmida ca esta, baixo dominio das borrascas atlánticas