Hoxe é o día no que a borrasca Irene se atopa máis preto de Galicia, polo que o tempo está a ser moi desapracible. Seguen as chuvias, por momentos con moita intensidade. Agardamos unha tarde de ventos moi fortes do suroeste no litoral e zonas altas do interior; e temporal no mar. As temperaturas, malia sufrir un lixeiro descenso, seguen sendo moi suaves. Ata 17 graos en Vigo ou Pontevedra.