As chuvias que comezaron pola mañá polo litoral atlántico serán xeralizadas pola tarde. Co paso das horas tamén irá arreciando o vento sur que deixará refachos fortes na costa atlántica que se intensificarán de madrugada cando a alerta no mar pasará de nivel amarelo a laranxa.Ventos que varrerán tamén mañá a comunidade . As temperaturas soben. As máximas volverán superar os 20 graos.  16-10-23