Chega unha masa de aire frío impulsada polos ventos do noroeste. Predominan os ceos con nubes e claros e con chuvascos que poderán ser ocasionalmente tormentosos e vir acompañados de sarabia, con cota de neve arredor dos 800 metros. As temperaturas continúan en descenso, con mínimas que oscilan entre os 4 e os 10 graos e máximas que non superarán os 15