O vento norte afasta o aire cálido que nos deixou calor durante a fin de semana co que hoxe xa notamos o descenso das temperaturas. As máximas oscilarán entre os 14 graos previstos na Coruña e os 26 que agardan en Ourense. Despois dunha mañá de néboas e algunhas nubes baixas, a tendencia é a que pola tarde os ceos queden despexados. 15-04-2024