A fin de semana comeza de momento sen chuvia. Os ceos han quedar máis despexados esta tarde pero xa mañá ao mediodía agardamos que unha fronte deixe precipitacións que serán máis persistentes na fachada atlántica. Chuvias que irán remitindo o domingo sobre todo á tarde. Última fin de semana do inverno con temperaturas en ascenso. As máximas roldarán os 20 graos en moitas localidades. 15-03-2024