Seguimos na influencia do anticiclón centrado sobre Francia. Con xeadas e néboas no interior pola mañá, e moito frío: 9,3 graos baixo cero rexistraron esta mañá en Calvos de Randín, e menos sete con seis en Verín ou Xinzo de Limia, en Ourense. E pola tarde teremos ceos despexados, con ascenso da temperatura e ventos frouxos do leste