Volve a influencia plenamente anticiclónica, coa entrada dunha masa de aire moi cálido desde o sur. Néboas en comarcas do interior e nubes baixas no terzo norte, sen descartar orballos na Mariña. Co paso das horas quedarán os ceos moi despexados. No interior medrarán nubes de evolución sen descartar algún chuvasco de treboada en zonas altas. As temperaturas máximas en ascenso en todo o territorio, con moito calor nas horas centrais do día. Todas as cidades superarán os 30 graos, agás Coruña, que acadará os 27, e En Ourense o termómetro chegará de novo aos 40 graos.