A semana comeza con nubes e a posibilidade de algunha chuvia feble na metade norte de Galicia e con ceos máis despexados no sur da comunidade. É debido á chegada dunha fronte pouco activa que afectará fundamentalmente ás provincias da Coruña e Lugo, sobre todo pola tarde. As temperaturas mantéñense sen cambios importantes. 14-08-23