Unha fronte pouco activa atravesa Galicia, deixando ceos anubrados con chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e nestas horas centrais do día. As temperaturas mínimas ascenderon, mentres que as máximas que onte chegaron a superar os 25 graos en Ourense, sufrirán un moderado descenso. 14-03-2024