Volveron as chuvias e coas primeiras alertas meteorolóxicas do outono. Media Galicia está en aviso amarelo por vento e por chuvascos fortes. No concello coruñés de Santa Comba xa caeron máis de 66 litros por metro cadrado e os refachos superaron os 117 quilómetros por hora en Viveiro. As chuvias que comezaron pola mañá na metade oeste afectarán ao resto do territorio pola tarde. Remiten o sábado para volver de novo con forza o domingo. 13-10-23