Principia unha fin de semana de tempo seco e solleiro. Despois dunha mañá con algúns bancos de néboa no interior, os ceos van quedando despexados con máis nubes no extremo. As temperaturas mínimas, notámolo esta mañá, baixaron pero as máximas han subir, hoxe e mañá, con valores que oscilarán entre 25 e 30ºC.