Un sistema frontal afecta hoxe a Galicia. Dende o mediodía temos a chegada da fronte cálida, que deixa un aumento de nubes e chuvias de intensidade moderada, máis probables na franxa atlántica. Pola noite chegará unha fronte fría, pouco activa, con chuvias febles en xeral menos probables no sueste. As temperaturas, con poucos cambios, e máxima de 27 graos en Ourense